Caen las niñas infas

Derrota ante o Salgado Montrove.
Partido xogado o Sábado a mañá no Municipal de Betanzos, no que por fin, despois de tanto tempo, logramos xuntar unha convocatoria de 10 xogadoras, pero ainda asi tiñamos duas baixas do primeiro equipo,como son Ana Yañez e Lucía Gonzalez.
Isto o principio daba ansias ao conxunto, pero o esforzo non foi o necesario. Mal partido, sen competir, só salientar o segundo cuarto no que logramos traballar e acortar as distancias co outro equipo, un equipo traballado e que xoga ben o baloncesto…pero foi un espexismo xa que pronto as de Oleiros baixaron o pé para poner mais distancia no marcador sen renunciar o seu xogo.
Nos pola contra, pouco hai que salientar, salimos apáticas, sen gañas de correr, sen intensidade en defensa, cos mesmos erros de sempre, poucas veces logramos facer unha boa defensa, pero as que fixemos sacamos petróleo delas. Faltou concentración e sobre todo a concentración nos entrenos, e o compromiso co que se fai.
Debemos de facer autocritica se queremos mellorar, e en que podemos aportar cada unha para sacar unha sonrisa en cada partido, traballar mais nos entrenos, e chegar aos partidos con fame de xogar.
Betanzos 32-64 Salgado Montrove
(9-15/13-20/2-17/8-12)
Xogaron: Lucía López(3), Laura Paredes, Angela Rio, Laura Sas (11), Berta Cadaveira (2), Susana Veiga (2), Sofía Díaz (12), Nuría Golpe (2), Raquel Vazquez, Carmela Vazquez.