Derrota del filial ante el líder.

Doce sabor da derrota

Nova derrota do Santo B, que a pesar de caer derrotado, marchaba ca satisfacción de deixar un bo sabor de boca polo xogo despregado ante un Líder da categoría como so Carferlo Viveiro, conxunto que só perdeu un encontro no que vai de liga.

O encontro non se decidiu ate os minutos finais, onde a veterania dos visitantes superaba a xuventude do equipo e fixo que encarasen os minutos finais con sabedoría e controlando o tempo de xogo.

O comezo do encontro foi un toma e daca por parte de ámbolos conxuntos onde as alternativas no marcador eran constantes e un bo acerto ofensivo por parte de ámbolos conxuntos, facía que os que se congregaron no Carregal desfrutasen dun bo encontro. 20-23 para os da Mariña.

No segundo cuarto, as defensas predominaron a os ataques, dotando de menor acerto a ámbolos conxuntos, mentres o Santo dominaba a zona, os da Mariña atinaban no tiro exterior con canastras o limite do tempo. 13-11 (33-34).

A volta dos vestiarios, o encontro seguiu a súa tónica, onde as alternancias no marcador seguíanse sucedendo, e tendo aberta calquera posibilidade de vitoria para o conxunto Betanceiro 13-15 ( 46-49).

Xa para rematar, o derradeiro cuarto, Viveiro que ía por diante, controlou o marcador en todo momento. Pola nosa parte, loitamos pero as presas e a inexperiencia xogounos outra vez unha mala pasada facendo que os da Mariña se alongasen no marcador pouco a pouco ate o remate do encontro, onde o maior acerto dos visitantes predominou nun encontro marcado polas defensas.8-13 (54-62).

Bo sabor de boca a pesar da derrota, e mais contra quen foi, a seguir traballando como esta derradeira semana para afrontar o seguinte encontro contra Maristas.

Próximo fin de semana non ai xornada ( Entroido), volveremos o 18 de Febreiro visitando a cancha do veciño Maristas da Coruña.

1,2,3 Santo.