Derrota esperada ante Maristas.

Derrota esperada contra Maristas Coruña.
Partido xogado o Sábado a mañá ( 10:00) no Municipal de Betanzos. Partido plagado de baixas, e por mor disto, tivemos que tirar do equipo B, no que debutaron Laura Paredes e Andrea Pérez, e se sumou a convocatoria do B Sofía Díaz ( como sempre) e Raquel Vázquez.
O partido xa sabíamos que ía ser moi complexo ante o que seguramente ( e así está a demostrar) é o mellor equipo da categoría, un Maristas Coruña que por tradición sempre ten uns bos equipos femininos e moi competitivos.
Intentamos xogarlles de tú a tú, pero impuxeron un ritmo altísimo defesivamente, como en ataque, e non poidemos aguantar por moito tempo. Non puidemos competirrlles en absoluto. A súa rotación de banquillo era moi ampla, e todas as xogadoras eran disciplinadas e ordenadas  facendo a súa función no campo, en cambio, nós con pouca rotación e con pouca experiencia en certas xogadoras,( primeiro ano que xogan) fixemos, o que por desgraza, nos deixaban facer, sendo defendidas intensamente en todo momento e provocándonos moitísimos erros que elas aproveitaban.
Pouco hai que dicir, xa que foron unha apisonadora no campo. Temos moitisimo que traballar para intentar non cometer os erros que levamos arrastrando dende principios de tempada, e que a medida que pasa o tempo as veces son mais clamorosos e imperdoables xa que os entrenadores insistimos sempre no mismo conto.
Ánimo a todas, das derrotas tamén se aprende, e moito ante un Equipo como foi Maristas.
Sen Sacrifico non ai recompensa.
Xogaron por Betanzos: Laura Sas (5), Susana Veiga (2), Ana Yañez (2), Sofía Díaz ( 2), Andrea Pérez, Laura Paredes, Berta Cadaveira, Raquel Vazquez.