El filial cae en Foz ante el acierto local

Derrota doce en Foz do Filial

3ª Xornada de Liga para o equipo filial, que nesta ocasión, viaxou o sábado as terras da mariña lucense, concretamente a Foz, para enfrontarse a un clásico do baloncesto Galego, como son os Celtas de Foz.

Nesta ocasión o encontró tivo que xogarse no Colexio Martinez Otero, debido a que o templo de Marzán ainda está cas melloras das instalación, que se retrasan una semana máis para a mágoa tanto dos afeccionados locatarios coma os dos visitantes.

O conxunto ainda está en fase de acoplamento, a maioria do plantel é a primeira vez que xogan xuntos, e en 2ª Divison. Caras novas como son Fercho, Mesi, Gil, Pablo, e xogadores que subiron de Junior como Brezo e Miramontes. Tamén novo adestrador, Jacobo Varela que volveu a Betanzos despois do seu periplo por outros equipos da comarca.

Nesta 3ª xornada, fomos moi ilusionados a Foz, con gañas de demostrar a melloria que se viu na anterior xornada, despois do debut caótico da primeira xornada.

O rapaces derón a cara en todo momento, incluso remontando 10 puntos no 2º cuarto despois de un primeiro onde non entrou nada, en non atinábamos co aro. Sempre con opcións, onde se veu un bó partido con alternativas no marcador, chegando o descanso cun 35-33 para o conxunto local.

A 2ª metade tampouco defraudou os espectadores presentes no pabillón, onde a emoción estivo sempre presente na partida.

Chegamos con opción ao derradeiro cuarto, onde o resultado comezaba con 46-47, 1 arriba para nos, incluso chegando a poñernos 7 arriba. Pero os locales se repuxeron no marcador, gracias a actuación do xogador local Angel Cao (4) con 12 puntos decisivos (4 triples) que sumados ao acerto do resto dos compañeiros decantou o partido a favor dos Celtas, pero sempre con opcións para os visitantes que a falta de 20 segundos puexeronse a 4 puntos e con balón para reducir distancias. A falta de experiencia nos fixo cometer erros que alongarian a distancia no marcador local.

Mágoa da derrota, pero saimos con gran sabor de boca xa que se competiu en todo momento e ata o final, e pouco a pouco vemos que melloramos e nos vamos acomplando.

O próximo fin de semana, voltaremos a xogar en Betanzos as 19:00 esta vez contra AX Sagrado Corazón de Lugo.

1,2,3 SANTO!!!