El filial con pudo con Peleteiro.

Derrota en Santiago, con boas sensacións.

Despois da semana pasada onde tivemos a xornada de descanso nesta xornada,tiñamos que visitar a Capital de Galicia, Santiago de Compostela, mais concretamente, o Peleteiro.

Chegabamos con certas dubidas e este encontro debido as grandes ausencias nestas 2 semanas.  A continuidade nos adestramentos non foi a adecuada, e non puidemos continuar a boa dinámica que levabamos facendo nos derradeiros encontros disputados onde acadamos vitoria.

O encontro foi igualado con  alternancias no marcador. Non facía claro quen podía levar a contenda na tarde fría de Domingo, e  nos derradeiros minutos caeu no bando local.

No primeiro cuarto, igualdade,  alternancias no marcador,táboas, 20-20.

No segundo mais do mesmo, con gran verticalidade ao aro, grandes ataques que rompían as boas defensas de ámbolos conxuntos, e o que puido converterse noutro empate, de non errar o derradeiro tiro sobre a bucina para ir os vestiarios. 23-20 (43-40).

Na volta dos vestiarios, unha gran defensa nosa mantendo o nivel de ataque que levabamos no encontro. Logramos adiantarnos no marcador, e gañar o cuarto indo con vantaxe para afrontar o derradeiro cuarto final. 14-20 (57-60).

Xa neste final da contenda, omezamos sendo castigados con unha técnica, e unhas faltas que faría perder a vantaxe no marcador e ter que traballar arreo para evitar que se escapasen. Pero xa a desesperada, o balón non quixo entrar coa efectividade anterior, e a acumulación de faltas forzadas faría que o locais levasen a vitoria. 25-13. 82-73 Final.

A pesar da derrota, boas sensacións no xogo. Quizás la falta de experiencia evounos a ter  presaspara non sacar a vitoria nun campo difícil.

Para o próximo fin de semana, non hai xornada ligueira. Voltaremos o 17 de Nadal para comezar a volta da primeira fase da liga. O Rival será de ben cerca, o Arteixo, que só perdeu un encontro no que vai de competición.

1,2,3 Santo