No pudo el filial Con Arteixo en una gris actuación

Derrota para fina o ano.

Despois de outra xornada de parón ligueiro voltámos a competición para enfrontarnos a uns dos primeiros clasificados, o Arteixo, que só leva unha derrota no que vai de Liga. Pretenderiamos recuperar o bo xogo que fixeramos nos anteriores encontros nos que conseguimos a vitoria pero estas paradas da liga afectaronnos  na continuidade global.
O encontro tivo un claro dominador dende un principio, que foi o do visitante Arteixo. Se presentaba con baixas coma as de Cochón, Nacho Pena, e así e todo, non tivo case apretos para lograr a vitoria ante os nosos.
O Santo entrou frío no encontro, apáticos, sen ritmo de xogo, pouca actividade ofensiva e defensiva, bailando o compás da Muiñeira que impoñía o Arteixo. Eles xogando o seu, e nos, a remolque no encontro, sen acerto no tiro, e con menos agresividade que nos faría cometer faltas innecesarias. O primeiro cuarto o di todo, 9-16 para os visitantes que non deixarían de levar o paso do baile en todo o encontro.
No segundo, un pouco mais do mesmo, esta vez con un pouco mais de acerto ofensivo pola nosa parte, pero defensivamente erráticos, sen axudas e permitindo que recuperaran a distancia que pouco a pouco iamos reducindo. 18-20(27-36)
Na volta dos vestiarios, a actividade defensiva predominou por ámbolos conxuntos, unido a falta de acerto, pouca actividade ofensiva, e as decisión arbitrais que non castigaron co mesmo patrón a ámbolos lados 22 en contra por 8 a favor. Este cuarto chegariamos as táboas.13-13(40-49).
No derradeiro cuarto, o conxunto empezou a bailar a outro ritmo que nos ten un pouco mais acostumados, e chegamos a meternos no encontro, poñendo a falta de 1:50 a un só punto 55-56, pero non puidemos manter o ritmo, e voltámos a falta de acerto, mentres o Arteixo recuperaba o seu son, e os árbitros non castigaban dentro da zona os visitantes da mesma forma. O final, o Arteixo recuperou a diferencia no electrónico, facéndose ca Vitoria final.18-17(58-66).
Agora toca as vacacións para pulir erros, traballar a técnica, e mellorar en outros aspectos para a volta da competición estar preparados para a costa arriba que nos espera.
Voltamos o 13 de Xaneiro do 2018 contra Compañia de Maria de Santiago, outro dos da parte de arriba da clasificación.
Feliz Nadal, Feliz Ano, e 1,2,3 Santo!!