Nueva victoria del filial.

Os derbis non se xogan, gáñanse.

Típica frase que escoitaredes a miúdo no mundo dos deportes de equipo. En Betanzos tiñamos “O Noso Derbi”, o derbi da 2º Autonómica que nos enfrontaría a Maristas Coruña, un equipo practicamente novo, feito practicamente na súa totalidade con xente nova e están en fase de acoplamento. Por esa premisa estábamos en igualdade de condicións, agás de que Maristas aínda non gañou ningún encontro no que vai de Liga e viña con necesidade de gañar. Nós estabamos tamén necesitados despois da pasada derrota en terras da Mariña Lucense contra Viveiro. E con unha vitoria no casilleiro, queriamos referendar o bo xogo que estabamos a facer nos anteriores encontros, deleitando os siareiros que se congregaron no Carregal para ver o encontro.

A contenda saíu parella dende o principio con  moitas alternancias no marcador, pero un maior acerto por parte local fixo que acabásemos o cuarto 2 puntos por enriba dos Coruñeses.(15-13).

Xa no segundo cuarto, a combinación de unhas boas defensas co aumento de ritmo no ataque faría que collésemos unha boa vantaxe no marcador, para irmos o descanso con tranquilidade de que este era o camiño a seguir 23-11( 38-24).

A volta do descanso, o encontro rachouse por ámbalas partes. A carencia de defensa traduciuse en un ataque constante e un xogo a diana no que gañaría o que mais puntaría tivese. Por sorte ese cuarto foi para nós, 23-19(61-41).

Coa vantaxe de 20 puntos afrontamos o derradeiro cuarto, un pouco frouxos de mais en tódalas facetas do xogo e os Coruñeses achegándose no marcador pouco a pouco.

Mantendo o ritmo do anterior cuarto no que acerto se refire (ante a parsimonia defensiva e de ataque dos nosos) vimos como as distancias reducíanse, pero todo quedou nun susto que por sorte saldou o noso favor…14-19 (75-62).

Vitoria do filial, que suma outra no sou casilleiro, e 2 consecutiva na casa.

Para a próxima semana, visitaremos a pista de Becerreá ( Lugo), un conxunto descoñecido e novo na liga, pero que ate agora ten as mesmas vitorias que nós.

1,2,3 Santo!!!