O equipo filial colleita a súa primeira Victoria!

SANTO DOMINGO BETANZOS 81 – ASOCIACIÓN XUVENIL SAGRADO CORAZÓN DE LUGO 56

 

Vitoria traballada a pesar do que reflicte o marcador (81-56), ante o AX Sagrado Corazón de Lugo, que visitou o Carregal na tarde do Domingo.

Dende un principio os Betanceiros marcaron o ritmo do encontro, movendo o balón en rápidas transicións, facendo traballar ao máximo a defensa visitante, para non defender en inferioridade. Ritmo alto que fixo un primeiro cuarto rápido con opcións para ambolos conxuntos 19-16.

No 2º cuarto unha boa defensa intensa provocaba erros nos visitantes, o que nos daba maiores oportunidades de ataque. Sumado o acerto exterior, chegamos o descanso cunha ampla vantaxe. ( 44-28 descanso).

Na volta do descanso predominio defensivo en ámbalas zonas provocando erros nos pases, e pouco acerto de cara o aro. 13-9 no cuarto.

No derradeiro cuarto, con ámbolos conxuntos cansos polas defensas intensas dos primeiros cuartos, festival de anotación, pero con un ritmo de xogo lento. Non sen boas anotacións por ambos conxuntos. 24-19. (81-56 marcador final).

Gran partido en xeral dos rapaces, que pouco a pouco, están collendo ritmo de xogo, e recibindo a recompensa da vitoria gracias o traballo diario.

Para a semana, nos desprazaremos a Viveiro. Encontro difícil, na casa do líder, e a prior do favorito da competición.

1,2,3, Santo!!