O filial cae en Viveiro.

Mal a semana comezou para os noso. Comezamos os adestramentos pragados de baixas, non puidemos manter a liña de bos adestramentos que levábamos facendo  con liñas por cubrir, como as de Alero( sen ningún dispoñible), Escoltas, e a falta de 1 Base. A nota positiva, ía ser o debut de Adolfo Blanco, pero tornou a cor do seu apelido, ao nome da semana, “Negra”, mancándose nun nocello no derradeiro adestramento, e sumando outra baixa a larga lista que tiñamos para afrontar o encontro ante o Líder.

Coas baixas de Juanma, Oscar, Mesi, Samuel, e Adolfo, nos presentamos en Viveiro con algún tocado como Gil ( con febre), e coa axuda de Quique de Fucobet.

O encontro disputado o Sábado as 19:00, no Municipal de Viveiro, xa partiu difícil dende o comezo, onde a veteranía dos locatarios pasaba por enriba da xuventude dos nosos. Puidemos manter o tipo no primeiro cuarto de partido, gracias o acerto exterior. Pero perdiamos moitos rebotes tanto defensivos como ofensivos e cargámonos cedo de faltas a pesar da agresividade local. 15-13.

No segundo cuarto a tónica foi a mesma. A experiencia dos locais predominou sobre nos e iso unido a falta de acerto e a erros nosos fixo que se marchasen no marcador 20-12 (35-25).

A saída do descanso continuou a tónica do 2º.  Gran acerto de eles dominio do xogo e control de partido, e nós trabucándonos en tódolos sentidos, non eramos nós. 27-8 (62-33).

No derradeiro cuarto, decidimos resetar o feito ata agora, e reestrutúramos o encontro que xa tiñamos practicamente imposible. Entrou o que non quixo entrar nos anteriores, defendimos mellor, corremos contraataques que non fixeramos con anterioridade, en xeral, eramos o equipo que estabamos a ser nas anteriores xornadas, tanto foi así, que chegamos a poñernos a 12 puntos de eles, pero xa era tarde para a épica. 8-22(70-55).

Para semana próxima, xogaremos un derbi, Maristas Coruña, vistará Betanzos as 19:00 do Domingo . Encontro importante para ámbolos conxuntos pola necesidade.

Esperemos poder recuperar parte dos xogadores, e volver a boa dinámica que levábamos.

1,2,3 Santo!!