Segunda consecutiva del filial, y a domicilio.

Segunda consecutiva, a domicilio.

De volta por terras de Lugo, visitamos Becerreá. Conxunto novo na categoría (ascendeu o ano pasado), e tivemos a ocasión de velos xogar contra Fucobet na fase de Ascenso.

O encontro, moi igualado en todos os aspectos, foi un toma e daca para ámbalas partes, con alternancias no electrónico, como así reflicte o resultado 71-74, e mais aínda, se atendemos ós parciais dos cuartos.

Comezamos pouco atinados, e tardamos un pouco en entrar no encontro, tendo que repoñernos a unha diferencia de 8 puntos de saída, e dándolle a volta o marcador .  Non soubemos aproveitar a situación que se nos puxera de cara, indo por diante, para que pechasen o cuarto os locais con un punto por riba (12-11)

O segundo cuarto voltamos ás alternancias no electrónico. Ninguén escapaba e ámbolos conxuntos loitaban para que iso non fose posible, deixando a incertidume para a segunda metade co encontro totalmente aberto para ámbolos conxuntos. (19-19) 31-30 no descanso.

A volta de vestiarios, comezamos moi ben, correndo e defendendo, pero un maior acerto exterior dos locatarios facía que encontro estivese sempre igualado dando emoción para os minutos finais de encontro. ( 24-23) 55-53.

O derradeiro cuarto foi todo emoción ate os minutos finais, predominando a mesma tónica dos anteriores cuartos. Ámbolos conxuntos sabían que un erro determinaría xa o devir do encontro. Neste asunto os rapaces souberon aguantar o tipo, e lograron poñerse por diante a falta de 1 minutos .Xa non deixariamos escapar a vitoria.(16-21) 71-74 final.

Bo traballo dos rapaces,que trouxeron a terceira vitoria da tempada (segunda consecutiva) dando por bo o traballo feito pola semana.

Próxima fin de semana tócanos xornada de descanso.

1,2,3 Santo!!