BETANZOS, SEDE DO CAMPEONATO DE ESPAÑA DE BALONCESTO DE CLUBES

Tras a suspensión por motivos sanitarios da edición 2020, que ía celebrarse nesta mesma cidade; Betanzos é de novo o emprazamento escollido para a celebración do Campionato de España de Clubs en categoría Infantil masculina na súa convocatoria de 2021. O Concello local e o Club Santo Domingo de Betanzos volven a apostar pola organización desta cita, a cal supón a estrea de Betanzos como sede para un Campionato de España Infantil, que neste caso terá lugar entre o 12 e o 18 de xuño.

A ratificación oficial da concesión por parte da Federación Galega de Baloncesto a Betanzos como sede deste Campionato tivo lugar este xoves coa sinatura do convenio entre as partes, representadas pola alcaldesa de Betanzos, María Barral; o presidente do club José M. Valeiro; e o Presidente FGB, Francisco Martín Micó.

Este encontro entre os implicados na organización supón un importante paso para consolidar a estrutura dun evento que contará con todas as garantías e medidas deportivas e sanitarias que a situación requira no momento da súa celebración, e que reunirá en Betanzos aos 32 mellores equipos masculinos nacionais en categoría infantil, co valor engadido no eido deportivo e social que isto supón.

A directiva do Santo Domingo quere amosar desde aquí a ilusión que, tras os dramáticos momentos vividos hay un ano viuse truncada, retorna o noso clube, amén da responsabilidade tremenda que asumimos da man do Concello para a celebración de esta cita de carácter nacional.

Consideramos este campeonato non só como un orgullo e uhna responsabilidade, senón tamén como unha oportunidade para a sociedade Betanceira, o público amante do baloncesto e o deporte en Xeral, e o sector hostaleiro da nosa vila. Porén, intentaremos dar o máximo, coa axuda de todos, para poñer a Betanzos no mapa nacional dos eventos deportivos.

cpto