Como xa e sabido, dende o proximo 12 de xuño ata o 18 disputarase en Betanzos o campionato de España infantil de baloncesto 2021. A edición de 2020, suspendida pola pandemia, xa tiña que terse disputado na nosa terra, pero non puido ser. Agora unha edición con todas as medidas de seguridade sanitaria terá lugar con 32 equipos de toda España nas 4 sedes escollidas.
Dende a tarde do venres, os equipos iran chegando para pasaren os preceptivos test COVID no municipal de Betanzos. As 32 plantillas, os arbitros, auxiliares, persoal FEB e FEGABA os afeccionados, as familias….a comarca inundarase con ambiente de baloncesto que non se via dende a lonxana data do 86 con campionato junior.
Nesta ocasion, o hercúleo esforzo do clube e do Concello, xunto cos Concellos de Abegondo, Miño, Pontedeume e o CB Eume fan posible a volta desta cita inexcusable do baloncesto nacional que nos pon de novo no mapa.
Aqui vai o calendario: